Stegosauria

 

O clado dos dinosauros ornitisquios Stegosauria recibiu o nome do Stegosaurus, o seu principal representante, e agrupa animais que tiñan varias características en común, como:

  • corpos sustentados por catro patas;
  • fileiras de enormes placas óseas dispostas a ambos os dous lados da columna vertebral;
  • esporóns na cola.

As placas dorsais puideron ter varias funcións, pero non se sabe con certeza cal era a principal. Algunhas hipóteses din que se usaban para quentar o corpo como os paneis solares, outras cren que tiñan un propósito relacionado co apareamento e para impresionar os machos nas batallas polo poder.

Os estegosauros eran dinosauros ornitisquios. Unha das primeiras innovacións evolutivas foi o desenvolvemento de esporóns de cola como armas defensivas. As especies posteriores fixéronse maiores e desenvolveron extremidades longas que xa non lles permitían correr. Isto aumentou a importancia da defensa activa polos esporóns, que poderían afastar até grandes depredadores. Os estegosauros tiñan complexos conxuntos de esporóns e placas ao longo das súas costas, cadeiras e rabos. Os seus pescozos tornáronse máis longos e as súas pequenas cabezas estreitas, capaces de morder selectivamente as mellores partes das cícadas cos seus peteiros. Cando estes tipos de plantas diminuíron en diversidade, os estegosauros tamén se extinguiron durante a primeira metade do período Cretáceo.

Esqueleto de Stegosaurus no National Museum of Natural History, en Washington, D.C.

Os estegosaurios coñecidos na Península Ibérica son Miragaia longicollum e Stegosaurus sp.[3] e Dacentrus armatus en Aragón.[4]

  1. Modelo:Citar periódico
  2. Modelo:Citar periódico
  3. Costa, Francisco; Mateus, Octávio (13 de nov. de 2019). "Dacentrurine stegosaurs (Dinosauria): A new specimen of Miragaia longicollum from the Late Jurassic of Portugal resolves taxonomical validity and shows the occurrence of the clade in North America". PLOS ONE (en inglés) 14 (11): e0224263. ISSN 1932-6203. PMC 6853308. PMID 31721771. doi:10.1371/journal.pone.0224263. 
  4. Redacción (2024-07-18). "Presentados nuevos fósiles de saurópodo y estegosaurio procedentes de la provincia". Eco de Teruel (en castelán). Consultado o 2025-01-16. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne