Wardell Stephen "Steph" Curry II, nado o 14 de marzo de 1988 en Akron, Ohio,[1] é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que xoga para os Golden State Warriors da National Basketball Association (NBA). Cunha altura de 1,91 m e 86 kg de peso,[2] Curry xoga na posición de base. Dúas veces All-Star da NBA, é fillo do tamén ex xogador da NBA Dell Curry, máximo anotador da historia dos Charlotte Hornets.
Curry xogou no baloncesto universitario para Davidson. Alí, foi dúas veces nomeado Xogador do Ano da Southern Conference, estabelecendo a mellor marca de anotación de todos os tempos, tanto da súa universidade como da propia Conferencia. Durante o seu ano sophomore, Curry tamén bateu o récord de máis canastras de tres puntos conseguidas nunha soa tempada da historia da NCAA.[3]
No Draft, foi seleccionado no posto sétimo posto da primeira rolda da edición de 2009 polos Golden State Warriors. Uns anos despois, durante a temporada 2012−13, bateu o récord da NBA de canastras de triplas conseguidas nun só ano con 272. Durante seguinte temporada bateu novo récord da competición, esta vez xunto ao seu compañeiro Klay Thompson, xa que consguieron entre os dous un total de 484 triplas, sendo a parella alcumada como os "Splash Brothers". Durante a temporada 2014−15, Curry bate o seu propio récord de canastras de tres nun ano ao conseguir o súa tripla número 273. Alén diso, Curry converteuse no segundo xogador da historia da NBA cunha media superior de 23 puntos, 8 asistencias, 4 rebotes e 2 robos por patido, fito só logrado anteriormente por Michael Jordan. Grazas en parte a estes logros a NBA recoñeceuno esa temporada como MVP da competición.