Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Steven Allan Avery ![]() 9 de xullo de 1962 ![]() Condado de Manitowoc, Estados Unidos de América ![]() |
Actividade | |
Ocupación | cazador ![]() |
Outro | |
Parentes | Brendan Dassey, sobriño ![]() |
Condenado por | Violación (1985) asasinato (2005) ![]() |
![]() ![]() |
Steven Allan Avery, nado en Wisconsin o 9 de xullo de 1962, é un home estadounidense que foi condenado erroneamente por agresión sexual en 1985 pola polícia do Condado de Manitowoc, pasando 18 anos en prisión ata a súa liberación o 11 de setembro do 2003, cando se atopou ao verdadeiro autor do crime grazas a probas de ADN[1]. Posteriormente, Avery foi detido no 2005 en relación coa desaparición e asasinato da fotógrafa Teresa Halbach, sendo condenado en 2007 a cadea perpetua sen posibilidade de liberdade consicional.
O caso de Avery gozou de gran transcendencia a nivel nacional e internacional pola súa defensa de declararse inocente, asegurando que a policía de Manitowoc fabricou probas falsas para incriminalo. En relación ao caso, Netflix creou unha serie orixinal titulada Making a Murderer (facendo a un asasino), gañadora de catro Emmys[2].