Sticky Fingers | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de The Rolling Stones | ||||
Publicado | 23 de abril de 1971 | |||
Gravación | marzo de 1969 - xaneiro de 1971 | |||
Duración | 46:25 | |||
Xénero(s) | hard rock | |||
Selo(s) | Rolling Stones Records | |||
Produtor | Jimmy Miller | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Sticky Fingers é o noveno álbum da banda inglesa de rock The Rolling Stones, publicado o 23 de abril de 1971 a través do selo Rolling Stones Records. É o primeiro álbum do grupo editado a través do seu propio selo, despois de ter asinado un contrato dende 1963 con Decca Records no Reino Unido e con London Records nos Estados Unidos. É tamén a primeira aparición de Mick Taylor nun álbum dos Rolling Stones e o primeiro sen contribucións do guitarrista e fundador Brian Jones e no que Mick Jagger aparece acreditado tocando a guitarra.
O disco adoita a ser considerado un dos mellores dos Rolling Stones, e contén cancións como a exitosa "Brown Sugar" e a influenciada polo folk "Wild Horses", xunto cos de 2 partes con inspiracións latinas "Can't You Hear Me Knocking". O álbum sería certificado triplo platino nos Estados Unidos.