Stiffelio

Stiffelio
FormaÓpera
Actos e escenas3 actos
Idioma orixinal do libretoItaliano
LibretistaFrancesco Maria Piave
Fontes literariasBaseada en Le Pasteur, ou L'Évangile et le Foyer de Émile Souvestre e Eugène Bourgeois (1848).
Estrea16 de novembro de 1850
Teatro da estreaTeatro Grande
Lugar da estreaTrieste
Duración110 minutos
Música
CompositorGiuseppe Verdi
Personaxes

Stiffelio (tenor)
Lina (soprano)
Stankar (barítono)
Raffaele (tenor)
Jorg (baixo)
Federico di Frengel (tenor)
Dorotea (mezzosoprano)
Fritz (personaxe mudo)

Stiffelio é unha ópera en tres actos con música de Giuseppe Verdi e libreto en italiano de Francesco Maria Piave, baseado na obra teatral Le Pasteur, ou l'Évangile et le Foyer de Émile Souvestre e Eugène Bourgeois. Foi estreada o 16 de novembro de 1850 no Teatro Grande de Trieste, resultando un fracaso que obrigou a Verdi a alterar radicalmente a ópera aumentándoa nun acto (pasando polo tanto a ter catro actos) e pasando a acción a transcorrer na Idade Media; esta nova versión foi presentada baixo o título de Aroldo en 1857 cun grande éxito e cunha crítica máis favorable.

Esta ópera represéntase pouco na actualidade, aparecendo nas estatísticas de OperabaseArquivado 14 de maio de 2017 en Wayback Machine. con só 7 representacións no período 2005-2010, sendo a 79ª ópera máis representada en Italia e a 20ª de Verdi.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne