Strange Days | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Strange Days |
Director | Kathryn Bigelow |
Produtor | James Cameron Steven-Charles Jaffe |
Guión | James Cameron Jay Cocks |
Intérpretes | Ralph Fiennes Angela Bassett Juliette Lewis Tom Sizemore Vincent D'Onofrio Michael Wincott |
Música | Graeme Revell |
Fotografía | Matthew F. Leonetti |
Montaxe | James Cameron Howard E. Smith |
Estudio | Lightstorm Entertainment |
Distribuidora | 20th Century Fox |
Estrea | 13 de outubro de 1995 |
Duración | 145 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Suspense-Ciberpunk |
Orzamento | $42 000 000[1] |
Recadación | $7 959 291 |
Na rede | |
Strange Days é un filme estadounidense de xénero suspense-ciberpunk[2] dirixido por Kathryn Bigelow que se estreou en 1995. Foi coescrito e producido por James Cameron e está protagonizado por Ralph Fiennes, Angela Bassett, Juliette Lewis, Tom Sizemore, Vincent D'Onofrio e Michael Wincott. Foi un fracaso comercial pola escasa recadación, que só conseguiu unha fracción dos custos.
O filme foi nomeado a cinco Premios Saturn, incluíndo os nomeamentos a "Mellor filme de ciencia ficción", "Mellor guión" para Cameron e Cocks e "Mellor actor" para Fiennes. Angela Bassett gañou o premio a "Mellor actriz" e Bigelow converteuse na primeira muller en gañar o premio a "Mellor director".