Streetcleaner

Streetcleaner
Álbum de Godflesh
Publicado13 de novembro de 1989
Gravación1988 - 1989
Estudio(s)Soundcheck en Birmingham, e Square Dance en Derby
Duración52:21 (vinilo e casete)
66:22 (CD)
Xénero(s)metal industrial
Selo(s)Earache Records
ProdutorJ. K. Broadrick, G. C. Green
Cronoloxía
Godflesh
(1988)
Streetcleaner Slavestate
(1991)
Na rede
Spotify: 1BloguumODLJ2PKsP7dza6 Discogs: 13153 Allmusic: mw0000690769 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Streetcleaner é o primeiro álbum de estudio da banda inglesa de metal industrial Godflesh, publicado o 13 de novembro de 1989 a través do selo Earache Records. O traballo foi reeditado cun segundo disco de material inédito o 21 de xuño de 2010. O álbum foi amplamente aclamado polos críticos e adoita a ser citado como un fito do metal industrial; aínda que non é o primeiro lanzamento do xénero, Streetcleaner axudou a definir no que se convertería o metal industrial.

Gravado en tres sesións distinta e parcialmente refinado a partir de demos pre-Godflesh, Streetcleaner é un álbum pesado e sombrío que combina heavy metal con música industrial cunha produción con baixos enfatizados, guitarras disorsionadas e, como parte máis importante, percusión proporcionada por máquinas. A diferenza de moitos álbums de metal, a guitarra empregouse para crear sons chirriantes en vez de riffs discretos, e a batería e baixo soan con máis volume que o habitual.[1] Streetcleaner foi promocionado por unha serie de concertos onde Godflesh tocou ao lado de Napalm Death,[2] e foi na parte norteamericana da xira onde a banda comezou a gañar unha importante fama internacional.

Dende a súa publicación Streetcleaner recibiu multitude de eloxios e foi interpretado ao vivo na súa totalidade dúas veces (unha no Roadburn Festival, unha gravación que foi publicada como álbum ao vivo en 2013).[3] Moitas outras bandas de metal citaron ao álbum como particularmente influente, entre elas Neurosis, Fear Factory e Isis, e o líder de Godflesh, Justin Broadrick, considérao un dos seus lanzamentos máis importantes. En 2017 a revista Rolling Stone nomeou a Streetcleaner o 64º mellor álbum de metal de todos os tempos.[1]

  1. 1,0 1,1 "The 100 Greatest Metal Albums of All Time". Rolling Stone (en inglés). 2017-06-21. Consultado o 2020-07-21. 
  2. "Home of Metal | Godflesh biography" (en inglés). Consultado o 2020-07-21. 
  3. "Godflesh - Streetcleaner: Live At Roadburn 2011". Discogs (en inglés). Consultado o 2020-07-21. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne