Streptococcus agalactiae

Streptococcus agalactiae
Clasificación científica
Dominio: Bacteria
Filo: Firmicutes
Clase: Bacilli
Orde: Lactobacillales
Familia: Streptococcaceae
Xénero: Streptococcus
Especie: S. agalactiae
Nome binomial
Streptococcus agalactiae
Lehmann e Neumann, 1896

Streptococcus agalactiae (tamén coñecido como estreptococo do grupo B ou EGB (GBS polas súas siglas en inglés[1]) é unha especie de bacteria grampositiva con forma de coco (redonda) con tendencia a formar cadeas. É unha bacteria beta-hemolítica, catalase negativa, e anaerobia facultativa.[2][3] En xeral, o GBS é unha bacteria comensal inofensiva que forma parte da microbiota humana que coloniza os tractos gastrointestinal e xenitourinario de ata o 30% dos humanos adultos con boa saúde (portadores asintomátricos). Non obstante, o GBS pode causar graves infeccións invasivas en certos casos.[4]

Streptococcus agalactiae é a designación de especie para os estreptococos que pertencen ao grupo B da clasificación de Lancefield. O GBS está rodeado dunha cápsula bacteriana composta de polisacáridos (exopolisacáridos). A especie é subclasificada en dez serotipos (Ia, Ib, II–IX) dependiendo da reactividade inmunolóxica da súa cápsula de polisacáridcos.[2][5][6] Na literatura pode encontrarse a denominación en plural estreptococos do grupo B (referíndose aos serotipos) e en singular, estreptococo do grupo B, (referíndose á especie).

Colonias β-hemolíticas de Streptococcus agalactiae en ágar sangue 18 horas a 36 °C
Streptococcus agalactiae en ágar granada, incubación anaerobia
Granadaeno
Proba CAMP positiva indicada pola formación dunha punta de frecha onde Streptococcus agalactiae se encontra con Staphylococcus aureus (liña media branca)
  1. CDC Estreptococo do grupo B (GBS)
  2. 2,0 2,1 Whiley RA, Hardie JM (2009). Genus I. Streptococcus Rosenbach 1884. Bergey's Manual of Systematic Bacteriology: Vol 3: The Firmicutes (2nd ed.). Springer. pp. 655–711. ISBN 978-0-387-95041-9. 
  3. Ryan KJ, Ray CG, et al., eds. (2004). Sherris Medical Microbiology (4th ed.). McGraw Hill. pp. 286–8. ISBN 0-8385-8529-9. 
  4. Erro na cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Edwards-Baker-Mandell
  5. Edwards MS, Nizet V (2011). Group B streptococcal infections. Infectious Diseases of the Fetus and Newborn Infant (7th ed.). Elsevier. pp. 419–469. ISBN 978-0-443-06839-3. 
  6. Slotved HC, Kong F, Lambertsen L, Sauer S, Gilbert GL (2007). "Serotype IX, a proposed new Streptococcus agalactiae serotype" (PDF). J Clin Microbiol 45 (9): 2929–2936. doi:10.1128/jcm.00117-07. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de xullo de 2018. Consultado o 29 de marzo de 2018. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne