Stricto sensu ou sensu stricto (sēnsū strictō) é unha expresión latina que significa "en sentido estrito" ou "en sentido restrinxido". Adoita ser moi usado en dereito, e oponse á expresión lato sensu (ou sensu lato —abreviado s. l. — ou sensu amplo —abreviado s. a. ou s. ancho —).[1] Tamén se usa nas ciencias biolóxicas, en taxonomía.
A expresión abréviase s. s. ou s. str.,[2] e utilízase cando son posibles dúas interpretacións para unha palabra, nome ou expresión e unha delas engloba á outra, para indicar que o termo que o acompaña debe interpretarse no máis estreito ou limitado dos seus significados, non no que abarca máis.