Suba é a localidade número 11 de Distrito Capital de Bogotá. Atópase situada no norte da cidade. Entre os seus residentes atópanse todas as clases sociais aínda que predomina a clase baixa e media baixa na parte occidental, estrato socioeconómico 2 e 3; e predomina a clase media alta na parte oriental, o estrato socioeconómico 4 e 5; aínda que tamén con presenza de clase alta, estrato socioeconómico 6. Salienta por ser a máis poboada da cidade con máis dun millón de habitantes, e por ser a localidade con maior poboación de estrato medio alto da cidade, principalmente na zona leste da localidade, coñecida como «A Cidade do Sol».