Sudan | |
---|---|
![]() Sudan no 2015. | |
Especie | Rinoceronte branco do norte (Ceratotherium simum cottoni) |
Sexo | Macho |
Nacemento | 1973 Sudán (actual Sudán do Sur) |
Falecemento | 19 de marzo de 2018 (45 anos)[1] Ol Pejeta, Laikipia, Kenya |
Coñecido por | Derradeiro macho da súa subespecie[2] |
Sudan, nado en 1973, e finado o 19 de marzo de 2018, foi un rinoceronte branco do norte (Ceratotherium simum cottoni) que viviu no zoo de Dvůr Králové na República Checa dende 1975[3] até 2009, e o resto da súa vida na reserva de Ol Pejeta en Laikipia, Kenya.[4] No momento da súa morte, era un dos tres rinocerontes brancos do norte que quedaban no mundo, e o derradeiro macho coñecido da súa subespecie. Sudan morreu de eutanasia o 19 de marzo de 2018, despois de sufrir "complicacións relacionadas coa súa idade".[5]