"Sugar Kane" | |||||
---|---|---|---|---|---|
sinxelo de Sonic Youth | |||||
do álbum 'Dirty' | |||||
Lanzamento | febreiro de 1993 | ||||
Formato | {{{formato}}} | ||||
Gravada | |||||
Xénero musical | rock alternativo | ||||
Lingua(s) | {{{lingua}}} | ||||
Duración | |||||
Discográfica | DGC | ||||
Produtor(es) | Butch Vig con Sonic Youth | ||||
Escritor(es) | Sonic Youth | ||||
Cronoloxía | |||||
| |||||
Miscelanea | {{{miscelanea}}} |
"Sugar Kane" foi o terceiro sinxelo do álbum de 1992 Dirty, da banda estadounidende de rock alternativo Sonic Youth. Foi editado en febreiro de 1993 a través do selo DGC. O seu título ten relación co personaxe de Marilyn Monroe na película Con saias e a rachar, chamado 'Sugar' Kane Kowalczyk. O sinxelo chegou a acadar o posto 26 na lista de sinxelos británica en 1993.
O seu vídeo musical foi dirixido por Nick Egan. Rodouse en Nova York e amosa á banda actuando no medio dun desfile de moda de roupa "grunge". As pezas de roupa, de feito, son parte dunha colección realizada polo deseñador de moda Marc Jacobs, chamada Grunge Collection, para Perry Ellis en 1992. Marc é tamén un bo amigo de Kim Gordon e da banda. O vídeo tamén destaca por ser primeira aparición na pantalla da actriz Chloe Sevigny.