Suicide | |
---|---|
![]() | |
Orixe | Nova York, ![]() |
Período | 1970 - 2016 |
Xénero(s) | no wave, new wave, art punk, art rock, música industrial, synthpunk |
Selo(s) discográfico(s) | Red Star Records, ZE Records, International Records, ROIR, Blast First, Mute Records |
Membros | Alan Vega Martin Rev |
Artistas relacionados | Bruce Springsteen |
Na rede | |
http://www.limbos.org/suicide/suicidev2.htm | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Suicide foi unha banda estadounidense de protopunk electrónico, activa intermitentemente dende 1970 ata 2016 e formada por Alan Vega (voz) e Martin Rev (sintetizadores e caixas de ritmos). A pioneira música do grupo usaba instrumentación electrónica minimalista, como sintetizadores e caixas de ritmos primitivas, e as súas primeiras actuacións eran conflitivas e adoitaban a rematar en violencia.
A pesar de nunca chegar a ser moi populares entre o gran público, Suicide trátase dunha banda moi influente. O crítico Wilson Neate escribiu que Suicide "serían tan influentes como The Clash. Escoitar o seu álbum autotitulado de estrea de 1977 dende o punto de vista de finais do 2002 facíao obvio: os sons do synthpop, do techno e do dance industrial dance dos 80 e os 90, e do electroclash da actualidade, todos levan cara ese álbum fundacional"[1].
En novembro de 1970 un flyer da banda foi dos primeiros anuncios en usar a frase "punk music" para un concerto.[2][3]