Sulk | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de The Associates | ||||
Publicado | 14 de maio de 1982 | |||
Gravación | 1982 | |||
Estudio(s) | Playground, Londres | |||
Xénero(s) | synth-pop, post-punk, art rock | |||
Selo(s) | Associates/Beggars Banquet, WEA (Europa) Sire Records (EEUU) | |||
Produtor | The Associates, Mike Hedges | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
![]() ![]() | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Sulk é o segundo álbum de estudio da banda escocesa de pop The Associates, publicado o 14 de maio de 1982 a través do seu propio selo Associates, filial de Beggars Banquet Records, no Reino Unido e a través de WEA Records no resto de Europa[1]. O disco foi editado o 4 de outubro dese ano nos Estados Unidos por Sire Records.
O disco estivo nas listas británicas 20 semanas, chegando ao número 10,[2] e foi álbum do ano para a revista británica Melody Maker.[3] Aínda que foi o álbum de ruptura do grupo, tanto a nivel de crítica como comercial, sería o seu derradeiro disco gravado pola parella orixinal formada por Alan Rankine e Billy Mackenzie, xa que Rankine deixou a banda catro meses despois do lanzamento de Sulk.