Summum bonum ('sumo ben' ou 'ben maior, en latín) é unha expresión latina, introducida por Cicerón,[1] usada na filosofía — particularmente, en Aristóteles,[2] na filosofía medieval e na filosofía de Immanuel Kant — para describir o ben maior que o ser humano debe buscar.[3]
De modo xeral, summum bonum é interpretado como sendo o obxectivo final, contendo todos os outros bens. Na filosofía cristiá, o ben maior é comumente definido como a vida dos xustos, vivida en comuñón con Deus e de acordo cos preceptos divinos.
O concepto, ben como as consecuencias filosóficas e teolóxicas, pode ter orixe nas formas clásicas do monoteísmo.[Cómpre referencia] Foi presentado ao mundo Occidental a través de filósofos neoplatónicos, e descrito como característica dun Deus cristián por Agostiño de Hipona na súa obra De natura boni (en galego, A Natureza do Ben), escrita polo 339. Agostiña nega a existencia positiva do mal absoluto e describe un mundo con Deus como o ben supremo no centro, e define diferentes graos de mal como as diferentes etapas da distancia.[4][5]
O sumo ben pode ser encontrado en varias doutrinas: