Sun Kil Moon

Sun Kil Moon
OrixeSan Francisco, California,
Período2002 - presente
Xénero(s)folk rock, indie folk, rock alternativo
Selo(s) discográfico(s)Caldo Verde Records
MembrosMark Kozelek
Antigos membrosTim Mooney
Anthony Koutsos
Geoff Stanfield
Jerry Vessel
Phil Carney
Na rede
www.sunkilmoon.com
Facebook: 108868065804350 MySpace: sunkilmoon Spotify: 4G0XDEk7RbA4BBCTs917U9 Last fm: Sun+Kil+Moon Musicbrainz: ef2c6449-d02b-415b-ad8c-c14c08266552 Songkick: 431551 Discogs: 348551 Allmusic: mn0000579037 Deezer: 1591 Genius: Sun-kil-moon Editar o valor en Wikidata

Sun Kil Moon é unha banda estadounidense de folk rock procedente de San Francisco, California, e fundada no ano 2002. Inicialmente foi unha continuación do desaparecido grupo de indie rock Red House Painters, pero na actualidade é o principal proxecto do vocalista e guitarrista Mark Kozelek. A banda chámase así polo boxeador de pesos lixeiros coreano Sung-Kil Moon.[1]

Tras a atrasada edición do derradeiro álbum de estudio de Red House Painters, Old Ramon (2001), Kozelek comezou a gravar material novo baixo o nome de Sun Kil Moon cos compañeiros de anda Jerry Vessel (baixo) e Anthony Koutsos (batería). O álbum resultante, Ghosts of the Great Highway, foi publicado en 2003 co recoñecemento xeneralizado da crítica. O segundo traballo do proxecto, Tiny Cities (2005), estaba composto enteiramente por versións de Modest Mouse.

No ano 2008 a anda lanzou o seu terceiro álbum de estudio, April. Gravado como un trío, co baixista Geoff Stanfield uníndose a Kozelek e Koutsos, o disco foi ben recibido e contou cos vocalistas da escena indie Will Oldham e Ben Gibbard.

Inspirado pola música de guitarra clásica, Kozelek gravou en solitario o cuarto álbum da banda, Admiral Fell Promises (2010), e continuou gravando só a meirande parte do seguinte, Among the Leaves (2012). En 2013 Kozelek editou tres discos co seu propio nome antes de lanzar o sexto disco de Sun Kil Moon, Benji, aparecido en febreiro de 2014 coa aclamacion da meirande parte da crítica e incrementando a súa exposición co sétimo traballo da banda, Universal Themes, aparecido en 2015.

  1. "Mark Kozelek". Rockpile. 2005-02-19. Archived from the original on 19 de febreiro de 2005. Consultado o 2022-10-24. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne