Super Collider | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Megadeth | ||||
Publicado | 4 de xuño de 2013 | |||
Gravación | decembro de 2012 - marzo de 2013 | |||
Duración | 45:14 | |||
Xénero(s) | heavy metal, hard rock, thrash metal | |||
Selo(s) | Tradecraft | |||
Produtor | Johnny K, Dave Mustaine | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Super Collider é o décimo cuarto álbum da banda estadounidense de heavy metal Megadeth, publicado o 4 de xuño do 2013. Trátase do primeiro disco do grupo editado a través do seu propio selo, Tradecraft, despois de que deixase Roadrunner Records. Existen dúas versións do traballo, unha estándar e outra con tres cancións extra.
Super Collider é o primeiro álbum de Megadeth dende Cryptic Writings (1997) que non conta con cambios na formación con respecto ao seu anterior traballo. Ademais, trátase do primeiro disco do grupo en contar cunha versión na súa listaxe de cancións básica dende So Far, So Good... So What! (1988). O álbum tamén conta coa aparición do vocalista de Disturbed e Device David Draiman.