Nome na lingua orixinal | (en) Super Bowl |
---|---|
Tipo | campionato |
Deporte | Fútbol americano |
Organizador | National Football League |
Localización e Datas | |
País | Estados Unidos de América |
Vixencia | 1967 – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Outro | |
Cancelo | #SuperBowl |
Páxina web oficial | nfl.com… |
A Super Bowl é o partido final anual da National Football League (NFL), principal campionato profesional de fútbol americano do mundo. O partido culmina unha temporada que comeza no final do verán do ano anterior. Habitualmente, máis que o ano no que se disputa o encontro, utilizanse números romanos para identificar e diferenciar cada partido. Por exemplo, a Super Bowl I foi disputada o 15 de xaneiro de 1967 seguindo a tempada regular de 1966. A única excepción a esta regra foi a Super Bowl 50, xogada o 7 de febreiro de 2016 a continuación da temporada regular de 2015.
A celebración deste encontro xorde como parte do acordo de fusión entre a NFL e a entón competición rival, a American Football League (AFL). Acordouse que o campión de cada unha das dúas ligas xogase un partido para decidir o Campionato Mundial da AFL-NFL (en inglés: AFL–NFL World Championship Game) até que a confluencia fose efectiva en 1970. Despois da fusión, cada unha das ligas pasou a ser unha "conferencia", converténdose o partido nunha final na que se enfrontan os campións de cada conferencia para decidir quen é o campión da NFL. Actualmente, o equipo con máis títulos da Super Bowl son os Pittsburgh Steelers con seis.
O día que se xoga a Super Bowl, considerado por algúns como un festivo nacional non oficial nos Estados Unidos,[1][2] é chamado "Super Bowl Sunday" (do inglés: Domingo de Super Bowl). De feito, é o segundo día do ano con maior consumo no país, tan só despois do Día de Acción de Grazas.[3] A Super Bowl é frecuentemente o a emisión televisiva máis vista do ano, sendo os catro programas máis vistos da historia da televisión estadounidense Super Bowls.[4] De feito, no ano 2015, a Super Bowl XLIX converteuse no programa máis visto da historia nos Estados Unidos cunha audiencia media de 114,4 millóns de telespectadores, sendo a quinta vez en seis anos que se bate o récord de audiencia, xeira que comezou en 2010 cando a Super Bowl XLIV supera o récord de 27 anos sendo o programa máis visto do episodio final de M*A*S*H.[5][6][7] A Super Bowl é tamén un dos espetaculos deportivos anuais máis vistos a nivel mundial, grazas principalmente ao mercado estadounidense, tan só por detrás da final da UEFA Champions League.[8]
Xa que a NFL restrinxe o uso da marca rexitrada "Super Bowl", o partido é frecuentemente chamado como o "Big Game" (don inglés: Gran Partido) ou outros termos xenéricos por corporacións non patrocinadoras do encontro. Debido á súa grande audiencia, os anuncios emitidos durante a retransmisión son os máis caros do ano, levando ás compañías a producir os seus anuncios máis custosos para o evento. Como resultado, ver e discutir sobre os anuncios converteuse nun dos aspectos máis significantes do evento.[9] Alén diso, tamén son famosas as cerimonias antes e durante o descanso do encontro, nas cales teñen intervido cantantes e músicos como Michael Jackson, Madonna, Prince, Bruce Springsteen, Paul McCartney, Coldplay, The Rolling Stones, The Who ou Whitney Houston.