Super Smash Bros. | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | HAL Laboratory |
Distribuidora(s) | Nintendo |
Produtor(es) | Satoru Iwata Hiroaki Suga Shigeru Miyamoto Kenji Miki |
Deseñador(es) | Masahiro Sakurai |
Compositor(es) | Hirokazu Ando |
Lanzamento | Lista
|
Xénero | Loita, Plataformas, Crossover |
Modos de xogo | Un xogador, Multixogador |
Clasificación | PEGI ![]() CERO ![]() USK ![]() |
Plataforma(s) | Nintendo 64 Nintendo iQue Consola Virtual |
Formato(s) | Cartucho |
Serie | Super Smash Bros. |
Na rede | |
http://www.nintendo.co.jp/n01/n64/software/nus_p_nalj/ | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Super Smash Bros., coñecido no Xapón como Nintendo All Star! Dairantō Smash Brothers (ニンテンドーオールスター!
O xogo pertence ao xénero de loita, sendo tamén un crossover de diversos e variados personaxes de diversas franquías de Nintendo, sendo estas as series de Mario, Donkey Kong, The Legend of Zelda, Kirby, Yoshi's Island, Star Fox, Pokémon, Metroid, F-Zero e EarthBound. Nas partidas xogan de 2 a 4 personaxes, xa sexan controlados por persoas ou pola propia consola (CPU), e competindo nun escenario aberto, no cal se se superan os límites establecidos, pérdese unha vida ou un punto (dependendo do modo de xogo no que se xogue). Ademais inclúense varios modos multixogador e outros para un só xogador.[4][5]
Recibiu boas críticas desde os medios e chegaron a vender 8,7 millóns de copias, 2,93 millóns delas en Estados Unidos, e 1,97 millóns no Xapón.[6][7]