Supermarine Spiteful | |
---|---|
![]() | |
Tipo | caza |
Fabricante | Supermarine |
Primeiro voo | 30 de xuño de 1944 |
Estado | retirado |
Principais usuarios | Royal Air Force |
Unidades construídas | 19 |
Variantes | Supermarine Seafang |
O Supermarine Spiteful foi un caza británico equipado cun motor Rolls-Royce Griffon deseñado por Supermarine para a especificación F.1/43 do Ministerior do Aire durante a segunda guerra mundial como un sucesor do Spitfire. Tiña un novo deseño de á para mellorar o seu número de Mach crítico, e permitir operacións seguras a altas velocidades. O novo deseño tiña tamén un moderno tren de aterraxe que se retraía cara a dentro. Outros cambios incluían unha deriva máis grande para mellorar a estabilidade marxinal dos Spitfire con motores Griffon e cambios na montaxe do motor para inclinalo lixeiramente cara a abaixo e ter así unha mellor visibilidade sobre o morro.
O Spiteful estivo listo para ser producido cando a guerra estaba rematando e foi abandonado en favor dos deseños a reacción. A Royal Navy continuou desenvolvéndoo como Supermarine Seafang xa que non estaba claro que os reactores puidesen operar de xeito seguro dende os portaavións, aínda que o éxito do de Havilland Sea Vampire fixo que o proxecto fose cancelado en 1945. Negociacións coa firma francesa SNCAC para producir o Spiteful baixo licenza abandonáronse cando Francia comezou a fabricar motores a reacción. Do pedido orixinal por 150 Spitefuls, só chegou a completarse un pequeno número.