Sur global é un termo utilizado en estudos postcoloniais e transnacionais que pode referirse tanto ao terceiro mundo como ao conxunto de países en vías de desenvolvemento[1] Tamén pode incluír ás rexións máis pobres (en xeral ao sur) de países ricos (do norte).[2] O sur global é un termo que estende o concepto de país en vías de desenvolvemento. Habitualmente refírese a todos aqueles países que teñen unha historia interconectada de colonialismo, neocolonialismo e unha estrutura social e económica con grandes desigualdades en niveis de vida, esperanza de vida ou acceso a recursos.[3]