Swans | |
---|---|
Swans en Varsovia no ano 2010 | |
Orixe | Nova York, Estados Unidos |
Período | 1982 - 1997 2010 - presente |
Xénero(s) | avant-garde music, post-punk, rock experimental, art rock, noise rock, música industrial, rock industrial, post-rock, No Wave |
Selo(s) discográfico(s) | Young God, Neutral Records, Homestead, Caroline/Virgin/EMI, Uni/MCA, Invisible, Atavistic |
Membros | Michael Gira Norman Westberg Christoph Hahn Phil Puleo Chris Pravdica Thor Harris |
Antigos membros | Jarboe Vinnie Signorelli Jonathan Kane Sue Hanel Dan Braun Bob Pezzola Daniel Galli-Duani Harry Crosby Roli Mosimann Algis Kizys Ted Parsons Clint Steele Bill Bronson Stevie McAllister Kristof Hahn Ivan Nahem Ronaldo Gonzalez Jon Tessler Bill Rieflin |
Artistas relacionados | Angels of Light, The Body Lovers / The Body Haters, World of Skin |
Na rede | |
http://www.swans.pair.com/ | |
Swans é unha influente banda estadounidense de rock experimental, activa inicialmente de 1982 a 1997, e liderada polo vocalista, compositor e multiinstrumentista Michael Gira. Foi un dos poucos grupos que emerxeu da escena no wave de Nova York de principios dos 80 e permaneceu intacto ata a seguinte década. A banda destacou polas súas voces e a súa estraña instrumentación e contribuíu ao desenvolvemento de xéneros como o noise rock, o post-punk, a música industrial e o post-rock. Tras o ingreso do cantante, compositor e teclista Jarboe, que apareceu por primeira vez no sinxelo de 1986 "Time Is Money (Bastard)" e estreouse como compositor no álbum de 1987 Children of God, Swans comezou a incorporar máis melodía e complexidade á súa música. A banda disolveríase no ano 1997, permanecendo como únicos membros constantes durante esa época Gira e Jarboe.
En xaneiro do ano 2010 Michael Gira reactivou Swans sen Jarboe e comezou a traballar nun novo álbum, My Father Will Guide Me Up a Rope to the Sky. Gira conseguiu unha serie de membros estables cos que comezou a xirar por todo o mundo e cos cales editou unha serie de traballos aclamados pola crítica.[1] Con estes músicos a banda realizou os seus últimos concertos en novembro de 2017, ao finalizar a xira de promoción do seu álbum The Glowing Man. Dende 2019 Gira toca e grava con Swans como "un conxunto xiratorio de colaboradores".[2] O seu último álbum ata a data, Leaving Meaning, foi editado o 25 de outubro de 2019.