Sycamore Gap Tree | |
---|---|
![]() | |
Presentación | |
Nome local | Robin Hood tree (árbore de Robin Hood) |
Dirección | Preto do Muro de Adriano, en Inglaterra |
Coordenadas | 55°00′13″N 2°22′26″O / 55.00356, -2.37387 |
Propietario | National Trust |
Características | Pradairo centenario |
O Sycamore Gap Tree ou, máis recentemente, árbore de Robin Hood era un sicómoro ou pradairo que se atopaba xunto á muralla de Hadrián preto de Crag Lough en Northumberland, Inglaterra. Este treito da muralla segue o bordo dun penedo, un afloramento do Whin Sill, e varias caídas bruscas nel provocadas polo derretemento das augas glaciares. A árbore, un exemplar de Acer pseudoplatanus duns centos de anos[1] estaba dentro dun destes mergullos (gap) co penedo e o muro elevándose drasticamente a cada lado. O muro e os terreos adxacentes, incluído o lugar da árbore, son propiedade do National Trust, que tamén lle puxo o nome.[2][3]