Os Syrniki (en lingua rusa: Сырники, ucraíno: сирники; belaruso: сырнікі) é un prato típico da cociña rusa que se elabora como blinis (unha especie de chulas ou filloas) emprega queixo quark. Adoita empregarse coma decoración smetana (crema aceda), marmelada, mel, compota de mazá, ou froitas do bosque. Nalgunhas ocasións engádense pasas. Na cociña rusa coñécese a miúdo coma tvorozhniki (творо́жники).