T-Mobile

T-Mobile
TipoSubsidiaria
Fundación1990
MatrizDeutsche Telekom
LocalizaciónBonn, Alemaña Alemaña
Persoas claveHamid AkhavanCEO
Katharina HollenderCFO
IndustriaTelecomunicacións
ProdutosGSM, GPRS, EDGE, UMTS (HSDPA), WLAN Hotspots (WiFi), Mobile VoIP
Na rede
https://www.telekom.com/, https://www.t-mobile.pl/ e https://www.t-mobile.nl/
Facebook: TMobile Twitter: TMobile Instagram: tmobile Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Sede de T-Mobile, Bonn, Alemaña

T-Mobile é un operador de rede móbil establecido en Bonn (Alemaña). É subsidiario de Deutsche Telekom e pertence á alianza de negocio de FreeMove. A t representa "Telekom".

T-Mobile tamén ten intereses financeiros en operadores móbiles en Europa Oriental. Ten uns 150 millóns de subscritores, o que lle converte no sexto maior prestatario de servizos de telefonía móbil por cantidade de subscritores e a cuarta multinacional máis grande do mundo logo de Vodafone do Reino Unido, Telefónica de España e América Móbil de México. T-Mobile nos Estados Unidos, con máis de 33 millóns de clientes, é a cuarta rede de telecomunicacións inalámbricas máis grande logo de AT&T, Verizon Wireless e Sprint Nextel.

Ten unha presenza substancial en once países europeos (Austria, Albania, Croacia, República Checa, Alemaña, Hungría, Macedonia, Montenegro, os Países Baixos, Polonia, Eslovaquia, e o Reino Unido) así como nos Estados Unidos, as Illas Virxes e Porto Rico. Deutsche Telekom intentou estes últimos anos adquirir O2 móbil, rival do operador de rede, pero en 2006 O2 foi adquirido por Telefónica de España. En marzo de 2008, a compañía anunciou que quería adquirir os módulos sen fíos de Siemens como parte do consorcio de JOMA. A repartición foi concluída en maio de 2008.

T-Mobile é un grupo de subsidiarios corporativos de teléfono móbil (baixo propiedade de Deutsche Telekom) que funcionan con redes do GSM e UMTS en Europa, Estados Unidos, as Illas Virxes e Porto Rico.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne