TV Tokyo Corporation (株式会社テレビ東京 Kabushiki Gaisha Terebi Tōkyō?) é unha canle de televisión comercial de ámbito nacional xaponés que transmite dende Toquio. Foi fundada en 1964, e o seu principal accionista de referencia é o xornal Nihon Keizai Shimbun, sendo a canle principal da rede de emisoras TX Network (TXN).
A canle, que tamén se coñece popularmente como Teleto (テレ東 Teretō?), é a máis pequena das canles de televisión nacionais que emiten dende Toquio, e salienta pola alta presenza do anime na súa programación.