Talatosuquios Rango fósil: Xurásico inferior - Cretáceo inferior (desde hai 195 a 125 milóns de anos) | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Dakosaurus | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Familias | |||||||||||||||||
Os talatosuquios (Thalattosuchia, en grego "crocodilos mariños") son unha suborde de arcosaurios crocodilomorfos fósiles que viviron desde principios do Xurásico a mediados do Cretáceo, hai aproximadamente entre 190 e 125 millóns de anos, durante o Sinemuriano ao Aptiano.[3] É un clado de cocodrilomorfos mariños que acadaron unha distribución cosmopolita. Reciben o nome de crocodilos mariños, aínda que non se consideran membros de Crocodilia.
Algunhas filoxenias sitúan os talatosuquios como un clado dos mesoeucrocodilios,[4] mentres que outras os inclúen no clado neosuquios.[5]
O termo Thalattosuchia foi acuñado por Fraas en 1901.[1] Varios autores consideraron Thalattosuchia como unha infraorde ou unha suborde dentro de Mesosuchia. Porén, Mesosuchia é un grupo parafilético, que tende a non usarse actualmente. Defínense como o clado máis inclusivo que contén Geosaurus giganteus (Sommerring, 1816) pero non Goniopholis crassidens (Owen, 1841), Pholidosaurus schaumbergensis (Meyer, 1841) nin Crocodylus niloticus (Laurenti, 1768).
Desde que Buffetaut (1982)[6] demostrou as características compartidas das formas temperás de Metriorhynchidae e Teleosauridae, Thalattosuchia constou destas dúas familias. Algúns membros temperáns de Teleosauridae descubríronse en depósitos non mariños, o que suxire que os talatosuquios evolucionaron desde formas semiacuáticas de auga doce a formas completamente mariñas.[6] A sistemática do xénero Pelagosaurus é confusa, e foi situado en diferentes posicións nas clasificacións; algúns autores colocárono como un teleosáurido,[7] outros como un taxon irmán do clado Teleosauridae + Metriorhynchidae, mentres que outros o consideran como un metriorrínquido basal.[6]
Os rexistros temperáns do grupo son fósiles de Pelagosaurus typus e Steneosaurus sp. de estratos do Xurásico inferior de Europa, Suramérica e Madagascar. Os últimos rexistros son de estratos de mediados do Cretáceo de Europa.