Talk on Corners

Talk On Corners
Álbum de The Corrs
Publicado20 de outubro de 1997
Gravación1997.
Estudio(s)Estudios West Coast Estados Unidos; Peak Studios Dublín.
Duración60,55
Xénero(s)Pop-rock, Folk, Celta
Selo(s)Atlantic Records/Lava
ProdutorDavid Foster, Jim Corr, Oliver Leiber, Glen Ballard, John Hughes, Rick Nowels e Billy Steinberg.
Cronoloxía
Live (versión en vivo de Forgiven, Not Forgotten) Talk On Corners The Corrs Unplugged, antes de In Blue.
Na rede
Discogs: 108346 Allmusic: mw0000741917 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Talk On Corners foi o segundo e máis exitoso disco de estudio gravado pola banda irlandesa The Corrs. Mentres que en Forgiven, Not Forgotten mesturaran o son pop e rock co folk irlandés, neste decantábanse cara ao pop con enfeites tradicionais irlandeses. The Corrs visita Galicia na súa xira mundial en 1999 despois da edición do disco.

Foi editado en 1997 vendéndose arredor 11 millóns de exemplares entrando nas listas de ducias de países. Acadou 20 discos de platino en Irlanda, 9 no Reino Unido , 7 en España e 4 en Australia entre outros. É un dos álbums estranxeiros máis vendidos e con maior duración nas listas de vendas españolas nos anos 90, tendo tamén grande éxito en Galicia, e sendo o décimo noveno álbum máis vendido na historia do Reino Unido con 2.944.547 copias, sendo o disco máis vendido na illa británica en 1998 e o noveno de 1999. Chegou un momento no que, estando número #1 no Reino Unido Talk On Corners, acadou o número #2 Forgiven, Not Forgotten, o primeiro álbum da banda, de 1995, feito que só tiña o precedente cos Beatles. Este feito debeuse á emisión en vivo pola BBC dun concerto de The Corrs o día de San Patricio no Royal Albert Hall.

O álbum inclúe unha versión folk do clásico de Jimi Hendrix Little wing.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne