Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Tapikka ou Tappiga foi unha cidade hitita situada na moderna Maşat Höyük (Turquía)[1]. Crese que foi destruída polos kaska pouco antes do -1350. Na cidade atopouse unha importante colección de cartas[2], que permiten facerse unha idea da situación do Imperio Hitita no século –XIV.
A cidade foi reconstruída e fortificada por Muwatallis II sobre o -1300 e entregada ao seu irmán Hattusilis como parte do recentemente creado reino vasalo de Hakpis.