Taurus Poniatovii

Representación do Taurus Poniatovii.

Taurus Poniatovii, o touro de Poniatowski, é unha rara constelación, xa en desuso, inserida polo director do Observatorio Real de Vilna (Lituania) Martin Poczobut no 1777 na honra ó rei de Polonia Estanislau II Poniatowski. A constelación estaba formada por estrelas que hoxe en día forman parte de Ophiuchus e Aquila. 70 Ophiuchi, un sistema estelar de magnitude aparente 4,02 situado a só 16,6 anos luz da Terra, era a estrela principal desta constelación.

As estrelas que se tomaron de Ophiuchus teñen unha semellanza coa V que forma o grupo de estrelas das Híades que conforman a faciana de Taurus. Antes de Taurus Poniatovii, algunhas destas estrelas eran parte da tamén obsoleta constelación do río Tigris. Porén, ambas constelacións xa non son recoñecidas polos astrónomos e ás súas estrelas, unha vez máis, volveron a Ophiuchus e Aquila.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne