Nome completo | Team Lotus |
---|---|
Bandeira | ![]() |
Baseada en | Hethel, Norfolk, Reino Unido Inglaterra |
Tempadas en activo | 37 1958 - 1994 |
Número de pilotos | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Debut | Gran Premio de Mónaco de 1958 |
Carreiras | 491 (489 saídas) |
Campionatos de Construtores | 7 (1963, 1965, 1968, 1970, 1972, 1973, 1978) |
Campionatos de Pilotos | 6 (1963, 1965, 1968, 1970, 1972, 1978) |
Vitorias | 73 |
Pole positions | 102 |
Voltas Rápidas | 655 |
Puntos totais | |
Derradeiro GP | Gran Premio de Australia de 1994 |
Team Lotus foi o equipo de competición asociado ao fabricante inglés de vehículos deportivos Lotus Cars. O equipo correu en moitas categorías, tales como a Fórmula 1, Fórmula 2, Fórmula Ford, Fórmula Júnior ou as IndyCar Series. Vinte anos despois da súa última carreira, o equipo Lotus é aínda un dos equipos de Fórmula 1 máis exitosos de todos os tempos, gañando sete campionatos de construtores na Fórmula 1, seis campionatos de pilotos, e as 500 millas de Indianápolis nos Estados Unidos en 1962 e 1978. Baixo a guía do seu fundador e deseñador xefe Colin Chapman, Lotus foi responsable de numerosos desenvolvementos innovadores e experimentais nos monoprazas, tanto en canto a aspectos técnicos como comerciais. En total, Lotus gañou 79 grandes premios.
Varios pilotos pereceron en vehículos Lotus, e considérase que a responsabilidade diso estaba na política de Chapman de construír vehículos que só tiñan que durar ata chegar á meta, todo o demais era considerado superfluo.
O nome de Lotus volveu á Fórmula Un en 2010, co nome de Lotus Racing, equipo propiedade de Tony Fernandes. En 2011, as icónicas cores negra e ouro do Team Lotus volveron á F1 como a librea do equipo Lotus Renault GP, patrocinado por Lotus Cars, e en 2012 o equipo foi rebautizado por completo, como Lotus F1 Team.