Teargarden by Kaleidyscope

Teargarden by Kaleidyscope
Álbum de The Smashing Pumpkins
Publicado8 de decembro de 2009
Gravaciónsetembro do 2009 - actualidade
Xénero(s)rock alternativo
Selo(s)auto-editado (dixital)
ProdutorBilly Corgan, Kerry Brown, Bjorn Thorsrud
Cronoloxía
Zeitgeist Teargarden by Kaleidyscope -
Na rede
http://smashingpumpkins.com/
Discogs: 261172 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Teargarden by Kaleidyscope é un conxunto de novas cancións que están sendo gravadas actualmente pola banda de rock alternativo The Smashing Pumpkins, para completar o seu oitavo álbum de estudio. Están sendo editadas como sinxelos que se poden descargar dixitalmente de xeito gratuíto e serán lanzadas coma EPs nun futuro. O álbum estará composto por 44 cancións editadas unha por unha.

Foi anunciado formalmente polo líder da banda Billy Corgan o 16 de setembro do 2009 coma "un novo tipo de álbum [...] que podes escoitar mentres se está facendo".


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne