"Teen Age Riot" | |||||
---|---|---|---|---|---|
sinxelo de Sonic Youth | |||||
do álbum Daydream Nation | |||||
Lanzamento | 1988 | ||||
Formato | {{{formato}}} | ||||
Gravada | xullo-agosto de 1988 | ||||
Xénero musical | rock alternativo | ||||
Lingua(s) | {{{lingua}}} | ||||
Duración | 3:50 (sinxelo) 6:57 (álbum) | ||||
Discográfica | Enigma/Blast First | ||||
Produtor(es) | Nick Sansano, Sonic Youth | ||||
Escritor(es) | Sonic Youth | ||||
Cronoloxía | |||||
| |||||
Miscelanea | {{{miscelanea}}} |
"Teen Age Riot" foi o primeiro sinxelo do álbum de 1988 da banda estadounidense Sonic Youth Daydream Nation. Trátase do primeiro grande éxito da banda, que puido escoitarse en moitas emisoras de rock moderno aumentando a audiencia da banda.
Especialmente pegadiza e comercial para a banda nese tempo, é considerada unha das cancións que máis definen a Sonic Youth e trátase do tema que máis veces tocou a banda en directo, un total de 338 veces ata o ano 2010[1].
O tema foi incluído na lista do Salón da Fama do Rock das 500 cancións que deron forma ao rock and roll e aparece tamén no videoxogo Rock Band 2.[2]