Telofase

Artigos principais: Meiose e Mitose.
Durante a anafase da mitose celular fórmanse novas membranas nucleares, os cromosomas descondensanse para formar cromatina e a célula divídese en dúas.

Telofase ou telocinese[1] (do grego; τέλος (telos), "fin" + φάσις (fase), "etapa" ; "Fase final") é a etapa final tanto na meiose como na mitose, despois do proceso de anafase, dunha célula eucariota.

Durante a telofase, os efectos da profase e da prometafase invírtense (cando o núcleo e a membrana nuclear se desintegran). A medida que os cromosomas chegan aos polos das células, créase unha membrana nuclear arredor de cada conxunto de cromátidas, os nucléolos reaparecen e os cromosomas comezan a descondensarse para formar a cromatina que está presente na interfase. Desfaise o fuso acromático e despolimerízanse os eixes dos microtúbulos.

A citocinese comeza antes da telofase tardía e, cando se completa, segrega os dous núcleos fillos entre un par de células fillas separadas.[2]

A telofase baséase principalmente na desfosforilación de substratos de quinases dependentes de ciclina (Cdk).[2]

A telofase representa aproximadamente o 2 % do tempo do ciclo celular. Unha vez completada a telofase, a mitose está completa e a célula entra no período de interfase.

  1. "bUSCatermos; telofase". aplicacions.usc.es. Consultado o 2022-05-30. [Ligazón morta]
  2. 2,0 2,1 Morgan, David Owen (2007). The Cell Cycle: Principles of Control (en inglés). New Science Press. ISBN 978-0-9539181-2-6. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne