Tipo | Kontinental Hockey League ![]() |
---|---|
Deporte | hóckey sobre xeo ![]() |
Localización e Datas | |
País | República Checa ![]() |
Período de tempo | tempada 2009-2010 ![]() |
Intervalo de tempo | 2009 – 2010 ![]() |
Competición | |
Primeiro posto | Ak Bars Kazan ![]() |
A tempada 2009-2010 da Kontinental Hockey League foi a segunda tempada desta competición eurasiática de hóckey sobre xeo. A liga comezou o 10 de setembro de 2009 e finalizou o 27 de abril de 2010, cunha paréntese debida aos Xogos Olímpicos disputados en Vancouver entre o 8 de febreiro e o 3 de marzo de 2010.[1] O campión desta edición foi o equipo ruso Ak Bars Kazan, que conseguiu revalidar o título obtido na tempada inaugural logo de vencer na final disputada ao mellor de sete encontro ao tamén ruso HC MVD por catro vitorias a tres.