Tipo | Kontinental Hockey League |
---|---|
Deporte | hóckey sobre xeo |
Localización e Datas | |
País | Rusia, Belarús, Kazakhstán, Letonia e Eslovaquia |
Período de tempo | tempada 2011-2012 |
Intervalo de tempo | 2011 – 2012 |
Competición | |
Primeiro posto | HC Dynamo Moscova |
A tempada 2011-2012 da Kontinental Hockey League foi a cuarta tempada da competición eurasiática de hóckey sobre xeo. A liga estivo formada por un total de 23 equipos (os mesmos que na tempada precedente) repartidos en dúas conferencias (leste e oeste) de dúas divisións dada unha. Cada equipo xogou un total de 54 partidos. Ao final da liga regular o Traktor Chelyabinsk gañou a Continental Cup ao finalizar na primeira posición. Así e todo, tralos playoffs polo título foi o Dynamo Moscova quen se alzou co título da liga.
A liga debía comezar o 7 de setembro de 2011 coa disputa da Lokomotiv Cup (nova denominación que adquiriu a anterior Opening Cup), mais a causa do accidente aéreo do Lokomotiv Yaroslavl, acontecida durante o primeiro período do partido e no que morreron tódolos integrantes do equipo, o partido tivo que pospoñerse ata o día 12 de setembro de 2011.[1]. A liga finalizou o día 15 de abril de 2012 coa disputa do sétimo e definitivo partido da final da Copa Gagarin.