![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2013.) |
TPV é o acrónimo de terminal punto de venda (en inglés "POS terminal" ou "Point of sae terminal"). Fai referencia ao dispositivo e tecnoloxías que axudan na tarefa de xestión dun establecemento comercial de venda ao público.
Estes locais poden contar con sistemas informáticos especializados que axudan nas tarefas de xestión do punto de venda mediante unha interface accesible para os vendedores que se denomina terminal de punto de venda ou TPV.
Os TPV permiten a creación e impresión do tícket de venda mediante as referencias de produtos, realizan diversas operacións durante todo o proceso de venda, así como cambios no inventario. Tamén xeran diversos reportes que axudan na xestión do negocio. Os TPV componse dunha parte hardware (dispositivos físicos) e outro software (sistema operativo e programa de xestión).