Tesouro do Oxus | |
![]() | |
Tipo | Tesouro con moitas pezas |
Data | -550 e o -330 |
Características | |
Materiais | Ouro |
Descuberta | |
Localización | ![]() |
Data | 1876 e 1880 |
Conservación | |
Localización | Museo Británico |
O tesouro do Oxus é unha colección de cento setenta obxectos de metalurxia en prata e ouro da época aqueménida, datados entre o -550 e o -330. Atópase case na súa totalidade no Museo Británico de Londres, agás algunhas pezas que se atopan no Victoria and Albert Museum desa cidade. Seguramente descubriuse entre 1876 e 1880 na beira norte do río Amu Daria (outrora coñecido como Oxus ou Oxo),[1] no actual Tadjiikistán (antiga rexión histórica de Bactriana),[2] e constitúe o tesouro mellor coñecido de obxectos de ouro e prata da época aqueménida.[3] É de extraordinaria importancia non só pola calidade das súas pezas, senón porque constituíu a base do estudo da ourivaría aqueménida.[4] O tesouro, composto por miniaturas de carros con cabalos, selos, figuras, brazaletes, aneis, moedas, xerras, placas votivas e obxectos persoais, vendeuse en bazares da India británica (no actual Paquistán) e reuniuno de novo o anticuario Augustus Wollaston Franks, quen o levou ó Museo Británico en 1897.[5]