Tesouro de Caldas de Reis | |
![]() | |
Tipo | Xoiaría / Recipientes / Utensilios |
Data | -1900 - -1800 |
Características | |
Materiais | Ouro |
Peso | 25 kg |
Descuberta | |
Localización | Caldas de Reis, ![]() |
Data | c. 1940 |
Conservación | |
Localización | Museo de Pontevedra |
O tesouro de Caldas de Reis é un conxunto de 36 pezas por un total de 14,9 kg de ouro de máis de 20 quilates pertencente á Idade de Bronce galaica e con concomitancias coas Illas Británicas, Irlanda, Bretaña e Centroeuropa. A súa datación oscilou dende o Bronce Final ata os que defenden que se inclúa no Bronce Inicial (cronoloxicamente cara ao 1900-1800 a.C.).
O tesouro de Caldas fai pensar nunha certa comunidade cultural coas fisterras europeas e dunha sociedade estruturada de xeito xerárquico baixo elites que comezaban a monopolizar as relacións comerciais e a acumulación de riqueza. Bouza Brey, quen o deu a coñecer, di que o tesouro non foi o agocho dun ourive local [1] afirmou: "Mejor nos inclinamos por creerlo riqueza tribal oculta ante peligro de invasión enemiga". Blanco Freijeiro nega esta hipótese: "Este tesoro de Caldas no pudo ser, pues, ... la riqueza de una tribu ocultada ante un enemigo invasor", aínda que non aventura unha hipótese alternativa.
Representa, hoxe por hoxe, a maior acumulación de ouro de toda a Prehistoria europea.