Tess | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Tess |
Director | Roman Polanski |
Produtor | Claude Berri |
Guión | Gerard Brach John Brownjohn Roman Polanski |
Baseado en | Tess of the d'Urbervilles por Thomas Hardy |
Intérpretes | Nastassja Kinski Peter Firth Leigh Lawson |
Música | Philippe Sarde |
Fotografía | Ghislain Cloquet Geoffrey Unsworth |
Montaxe | Alastair McIntyre Tom Priestley |
Estudio | Renn Productions Timothy Burrill Productions SFP |
Distribuidora | Columbia-EMI-Warner Distributors (Reino Unido)[1] AMLF (Francia)[2] |
Estrea | 31 de outubro de 1979 |
Duración | 186 minutos |
Orixe | Reino Unido Francia |
Xénero | Drama |
Orzamento | 12 millóns de dólares (est.) |
Recadación | 20,1 millóns de dólares |
Na rede | |
Tess é un filme franco-británico de 1979 dirixido por Roman Polanski e protagonizado por Nastassja Kinski, Peter Firth e Leigh Lawson. É unha adaptación da novela de Thomas Hardy Tess of the d'Urbervilles (1891).[3] O guión foi escrito por Gérard Brach, John Brownjohn e Roman Polanski. O filme recibiu críticas positivas logo da súa estrea e foi nomeado a seis Premios Óscar, incluíndo mellor filme, e gañando nas categorías de mellor fotografía, mellor deseño de produción e mellor deseño de vestiario.
Estreouse en galego o 8 de febreiro de 2023 a través da TVG.[4][5]