Tethytheria Rango fósil: Paleoceno-Holoceno | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Arriba: elefante africano, manatí do Caribe; no medio: Moeritherium, mamut laúdo; abaixo: Paleoparadoxia, Arsinoitherium | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Ordes | |||||||||||
|
Tethytheria (tetiterios) é un clado de mamíferos que inclúe os actuais sirenios e proboscídeos, así como a orde extinta dos Embrithopoda.[1]
Aínda que existe un forte apoio de estudos anatómicos e moleculares que permite considerar o clado Tethytheria como monofílico, as interrelacións entre os taxons incluídos nel seguen sendo discutidas. Os tetiterios comparten varias características, como órbitas oculares dirixidas á parte anterior e dentes das meixelas máis ou menos bilofodontos (con dobres cristas transversais nas coroas do dente). Os Proboscidea e Sirenia están ligados entre si polas súas características auditivas nos seus ósos petrosos, pero esta ligazón podería ser unha homoplasia. Os desmostilios, tradicionalmente considerados tetiterios, foron provisoriamente asignados aos Perissodactyla, xunto coa familia do Eoceno temperán Anthracobunidae, que era considerada un grupo irmán dos Tethytheria.[2][3]
Pénsase que Tethytheria evolucionou a partir de primitivos mamíferos ungulados ("condilartos") nas costas do antigo océano de Tetis, de onde vén o nome de Tethytheria, 'bestas do Tetis'.