Tharsis Montes | |
---|---|
Datos xerais | |
Tipo | serra e volcán escudo |
Corpo astronómico | Marte |
Datos xeográficos | |
Coordenadas | 1°34′N 247°25′L / 1.57, 247.42 |
Altitude | 18.200 m |
Cuadrángulo | Quadrângulo de Tharsis (pt) e Quadrângulo de Phoenicis Lacus (pt) |
Rexión | Tharsis |
Localización | |
mapa non dispoñible: marte | |
Identificadores | |
GoPN | 5948 |
Tharsis Montes (nome en latín dos Montes de Tharsis) fai alusión xeralmente ás tres montañas de orixe volcánico situadas no chamado avultamento de Tharsis. En ocasións inclúese a Olympus Mons dentro desta denominación, se ben a súa posición está algo mais lonxe das outras montañas, o cal distíngueo coma unha característica peculiar da superficie marciana.
Estas tres montañas son:
Ó erixirse sobre o avultamento de Tharsis, que pode alcanzar unha altura duns 20 km sobre sobre a superficie media do planeta, a altitude relativa media dos tres volcáns é semellante á de Olympus Mons, uns 25 km sobre a superficie marciana.
Outra estrutura a destacar é Tharsis Tholus, un pequeno cono volcánico situado 800 km o Leste de Ascraeus Mons, cunha altura (8 km) que é sensiblemente inferior á do Everest. Os seus flancos oriental e occidental son semellantes, coma derrubados sobre si mesmos, fenómeno producido presuntamente polo colapso da estrutura ó baleirarse a cavidade magmática.
A orixe destas tres montañas, así coma a do avultamento de Tharsis, poden deberse a un punto quente situado baixo a codia de Marte, a cal, segundo a teoría da tectónica de placas, desprazaríase cara ó Norte na rexión de Tharsis na época de formación das montañas, un fenómeno semellante, aínda que a grande escala, ó que pode apreciarse nas illas Hawai.