The Aeroplane Flies High

The Aeroplane Flies High
Box set de The Smashing Pumpkins
Edición26 de novembro de 1996
Duración138:53
Xénero(s)rock alternativo
Selo(s)Virgin
Producido porBilly Corgan, James Iha, Flood, Alan Moulder e D'Arcy Wretzky
Cronoloxía
Mellon Collie and the Infinite Sadness The Aeroplane Flies High Adore

The Aeroplane Flies High é un box set de cinco discos da banda estadounidense de rock alternativo The Smashing Pumpkins, editado por Virgin Records o 26 de novembro de 1996. Contén versións estendidas dos cinco sinxelos do seu álbum Mellon Collie and the Infinite Sadness e tamén un libreto de 44 páxinas con fotos e escritos de Billy Corgan, o líder da banda, ademais das letras das cancións. Foi lanzado como unha edición limitada e acadou o posto 42 nas listas da Billboard, vendendo unhas 300 000 unidades. Orixinalmente pretendíanse lanzar 200.000 copias, pero Virgin Records fabricou máis debido á enorme e inesperada demanda que se produciu.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne