The Cross

The Cross foi unha banda de rock inglesa liderada per Roger Taylor, coñecido por ser o batería de Queen. A banda estivo activa desde 1987 ata 1993, coincidindo durante anos co proxecto de Queen, e publicou nese período tres álbums de estudio.

Roger Taylor deixa a batería e lidera a banda como guitarrista rítmico e vocalista principal. No seu lanzamento, a banda de rock clásico incorpora influencias de baile que elimina logo nos seus dous discos seguintes. A banda non chegou a ter nunca mopito éxito comercial, pero seguiu mantendo un certo interese entre os seguidores de Queen e de Roger Taylor.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne