The Dragon Prince | |
---|---|
Formato | Serie de televisión |
Creado por | Aaron Ehasz Justin Richmond |
Dirixido por | Villads Spangsberg Giancarlo Volpe |
Intérpretes | Voces en inglés: Jack DeSena Paula Burrows Sasha Rojen Jason Simpson Racquel Belmonte Jesse Inocalla |
País de orixe | Estados Unidos de América Canadá |
Lingua(s) | Inglés |
Temporadas | 7 |
Episodios | 63 |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) | Aaron Ehasz Justin Richmond Justin Santistevan Giancarlo Volpe Delna Bhesania (tempadas 1-2) Richard Grieve Gigi Pritzker (tempadas 1-2) Tina Chow (tempada 3) Clint Kisker (tempada 3) |
Duración | 25-33 minutos |
Distribuidor | Netflix (América do Norte) PGS Entertainment (internacional) |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | Netflix |
Primeiro episodio | 14 de setembro de 2018 |
Na rede | |
https://thedragonprince.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
The Dragon Prince, tamén coñecida como The Dragon Prince: Mystery of Aaravos após o lanzamento da cuarta tempada, é unha serie de televisión fantástica de animación por ordenador creada para Netflix por Aaron Ehasz e Justin Richmond,[1][2] producida por Wonderstorm e animada por Bardel Entertainment. A serie relata as aventuras dos príncipes irmáns Callum e Ezran e a elfa Rayla, que deben coidar do príncipe dragón Azymondias e rematar o conflito entre os reinos humanos e as criaturas máxicas do reino de Xadia, do que proveñen as sete fontes primarias da maxia.
A serie foi aclamada pola crítica polo seu guión, a súa temática, a actuación de voz, a súa animación e o seu humor. A primeira tempada estreouse o 14 de setembro de 2018. A segunda o 15 de febreiro de 2019 e a terceira o 22 de novembro de 2019. A cuarta tempada estreouse o 3 de novembro de 2022, despois dun hiato de 3 anos. A serie renovou contrato por outras tres tempadas máis,[3] con cadanseus nove episodios.[4] Hai en desenvolvemento un videoxogo ambientado no mesmo mundo da serie.[5]