The Feelies | |
---|---|
![]() The Feelies en Central Park en 2016 | |
Orixe | Haledon, Nova Jersey, ![]() |
Período | 1976 - 1992 2008 - presente |
Xénero(s) | post-punk,jangle pop |
Selo(s) discográfico(s) | Stiff, Coyote, Rough Trade, A&M, Bar/None |
Membros | Glenn Mercer Bill Million Dave Weckerman Brenda Sauter Stan Demeski |
Antigos membros | Keith DeNunzio Anton Fier Vinny DeNunzio John Papesca |
Na rede | |
thefeeliesweb.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
The Feelies é unha banda estadounidense de rock procedente de Haledon, Nova Jersey. Formouse en 1976 eseparouse en 1992 tras publicar catro álbums de estudio. O grupo reuniuse en 2008 e publicou novos discos en 2011 e 2017.
Aínda que non tivo moito éxito comercial, The Feelies tivo influencia no desenvolvemento do indie rock estadounidense.[1] O seu primeiro álbum, Crazy Rhythms (Stiff Records, 1980) foi citado por R.E.M. como influínte para o seu son.[1] Á súa vez, The Feelies foi influenciada por The Beatles, The Velvet Underground e Lou Reed.
The Feelies rara vez traballou con produtores externos, aínda que Peter Buck de R.E.M. coproduciu o seu segundo álbum The Good Earth, un dos seus traballos máis exitosos. Nos anos 80 tocaban frecuentemente no Maxwell's, unha sala de concertos e bar/restaurnte en Hoboken.