The Good Nurse | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Good Nurse |
Director | Tobias Lindholm |
Produtor |
|
Guión | Krysty Wilson-Cairns |
Baseado en | The Good Nurse: A True Story of Medicine, Madness, and Murder de Charles Graeber |
Intérpretes | |
Música | Biosphere |
Fotografía | Jody Lee Lipes |
Montaxe | Adam Nielsen |
Estudio | |
Distribuidora | Netflix |
Estrea | Festival de Toronto: 11 de setembro de 2022 |
Duración | 121 minutos[1] |
Orixe | ![]() |
Xénero | Drama |
Na rede | |
https://www.netflix.com/title/81260083 | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
The Good Nurse é un filme estadounidense de 2022 dirixido por Tobias Lindholm. Está protagonizado por Jessica Chastain e Eddie Redmayne, e conta a historia de Amy Loughren, unha enfermeira da quenda da noite que descobre que o seu compañeiro Charles Cullen é un asasino en serie. O filme baséase no libro homónimo de 2013 escrito por Charles Graeber que relata sucesos reais. Foi escrito por Krysty Wilson-Cairns e o resto do elenco está composto por Nnamdi Asomugha, Kim Dickens e Noah Emmerich.
The Good Nurse estreouse no Festival Internacional de Cinema de Toronto o 11 de setembro de 2022, e estreouse en cinemas seleccionados o 19 de outubro, antes de lanzarse en Netflix o 26 de outubro de 2022,[2] onde conta cunha versión subtitulada en galego.[3]