The Green Knight | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Green Knight |
Director | David Lowery |
Produtor |
|
Guión | David Lowery |
Baseado en | Sir Gawain e o Cabaleiro Verde |
Intérpretes | |
Música | Daniel Hart |
Fotografía | Andrew Droz Palermo |
Montaxe | David Lowery |
Estudio |
|
Distribuidora | A24 |
Estrea | 30 de xullo de 2021 |
Duración | 130 minutos[1] |
Orixe | Estados Unidos Canadá |
Xénero | Fantasía medieval e épico |
Orzamento | 15 millóns de dólares[2] |
Recadación | 18,9 millóns de dólares[3][4] |
Na rede | |
https://a24films.com/films/the-green-knight | |
|
The Green Knight é un filme estadounidense-canadense de 2021 dirixido, escrito, editado e producido por David Lowery. É un filme épico de fantasía medieval[5] adaptado do poema do século XIV Sir Gawain e o Cabaleiro Verde. Está protagonizado por Dev Patel como Gawain, o sobriño do Rei Artur, quen emprende unha viaxe para poñer a proba a súa coraxe e afrontar o Cabaleiro Verde. No filme tamén aparecen Alicia Vikander, Joel Edgerton, Sarita Choudhury, Sean Harris e Ralph Ineson.
The Green Knight estreouse nos cinemas dos Estados Unidos o 30 de xullo de 2021 a través de A24. O filme recibiu a aclamación da crítica pola súa cinematografía, música, interpretacións, valores de produción e a orixinalidade, dirección e escritura de Lowery. Recadou máis de 18 millóns de dólares fronte a un orzamento de 15 millóns de dólares.