The Jester Race | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de In Flames | ||||
Publicado | 20 de febreiro de 1996 | |||
Gravación | novembro de 1995 | |||
Estudio(s) | Studio Fredman, Göteborg | |||
Duración | 40:12 | |||
Xénero(s) | death metal melódico | |||
Selo(s) | Nuclear Blast | |||
Produtor | Fredrik Nordström, In Flames | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
The Jester Race é o segundo álbum da banda sueca de death metal melódico In Flames, publicado o 20 de febreiro de 1996 a través do selo Nuclear Blast. Trátase do seu primeiro disco en contar con Anders Fridén como vocalista e con Björn Gelotte como batería. Editouse tamén un videoclip para a canción "Artifacts of the Black Rain". Tamén foi o primeiro álbum no que aparece Jester Head, a mascota do grupo.
Tras o seu lanzamento a banda xirou con Samael, Grip Inc. e Kreator. O disco foi o publicado tras o seu exitoso EP de 1995 Subterranean. The Jester Race gravouse no Studio Fredman por Fredrik Nordström, que tamén axudou cos teclados do álbum.