The Promise Ring | |
---|---|
O líder Davey von Bohlen en 2007 | |
Orixe | Milwaukee, Wisconsin, |
Período | 1995 - 2002 2011 - 2012 |
Xénero(s) | indie rock, emo |
Selo(s) discográfico(s) | Jade Tree, ANTI-, Dangerbird |
Membros | Jason Gnewikow Davey von Bohlen Dan Didier Ryan Weber |
Antigos membros | Tim Burton Scott Beschta Scott Schoenbeck |
Na rede | |
The Promise Ring foi unha banda estadounidense de emo procedente de Milwaukee, Wisconsin, activa entre os anos 1995 e 2002. Nos seus primeiros anos, a súa música clasificouse normalmente como emo, pero os últimos traballos poden definirse como indie pop. A banda iniciouse como un proxecto paralelo de Davey von Bohlen, durante o seu tempo como guitarrsta e vocalista de Cap'n Jazz. Von Bohlen comezou o proxecto co guitarrista Jason Gnewikow de None Left Standing, o batería Dan Didier e o baixista Scott Beschta, os dous últimos antigos membros de Ceilishrine.